o país de Occidente


Baixo a luz escura e misteriosa do Atlántico, no extremo occidental de Europa hai un verde país debruzado diante do Mar Maior. É aquí onde os gregos situaron a fin do Mundo Antigo e onde Homero dicía que o sol completa a súa volta, para rexurdir por oriente co novo día. Situada ó sur do Mar Céltico, ó norte do espacio mediterráneo, Galicia forxou unha cultura na encrucillada destes dous mundos. Ó norte de Portugal, no noroeste de España hai un pequeno país —a penas tres horas en coche de norte a sur— ateigado de contrastes e sorpresas a cada volta do camiño; os galegos gustamos de dicir que cada casa é un mundo, que cada pedra ten unha historia e que en cada herba hai un espacio natural. Velaquí un país cun fondo inagotable de experiencias.

0 comentarios:

Publicar un comentario