A lagoa de Antela

No centro da provincia de Ourense atopábase unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica: A lagoa de Antela. Situábase a 615 metros de altitude, e presentaba un perímetro duns 35 km. En total ocupaba uns 42 km² chegando nalgunhas zonas ós 6 km. de ancho e 7 de longo. En épocas de enchente acadaba ata os 3 m. de profundidade en certas pozas.Pertencía ós concellos de Xinzo da Limia, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos, Rairiz da Veiga e A Poqueira. Tamén é coñecida polo Lago de Beón , que procedía do bión ( xunco usado para berce do gando ). Antela é diminutivo de anta,o que fai pensar na anterior existencia no lugar de antas.
Atopamos varios precedentes na historia de intentos de desecación da Lagoa. No primeiro tercio do século segundo, o emperador romano Adriano mandou construir unha canle para canaliza-las augas da lagoa, pero co tempo, a natureza devolveu a auga ó seu entorno orixinal. Os restantes intentos ó longo do séculos XIX e XX, fracasaron igualmente.
No ano 1959 a Lagoa de Antela recibe unha visita dunha personaxe influinte : Díaz Vega, ministro de obras públicas. O ministro atende as explicacións do proxecto de desecación da lagoa.
Pese ós precedentes que se deron na historia, por medio dun Decreto de Franco no ano 1956 iniciouse a desecación da Lagoa de Antela e posterior concentración parcelaria, aducindo para tales feitos, o saneamento do terreo e o seu aproveitamento agrícola.
Os primeiros traballos de canalización comenzaron no ano 1958.
En contra das razóns esgrimidas pola Administración Pública atopamos os seguintes argumentos:
Das brotes de paludismo e fiebres tifoideas ( motivo fundamental para o saneamento da lagoa ), soamente atopamos algún caso aillado o sur da comarca, tendo a súa orixe en fontes ou ríos non próximos á lagoa sen poder nunca demostrar a sua vinculación coa mesma . O verdadeira causa da alta mortalidade da zona, era o abandono sanitario por parte da Administración Pública : dende pequenos , oiamos dicir os nosos avós que as persoas morrían desatendidas porque daquelas os médicos apenas chegaban a cabalo e viñan dende lonxe.
En contra do aproveitamento agrícola, atopamos opinións de tecnicos que valoran como unha burrada tal feito, que deixou a terra seca e sen a humidade necesaria para a fertilidade da mesma.




"Unha imaxe vale máis que mil palabras"


Vista da lagoa antes da súa desecación



Vista actual no ano 2000



Ponte das Poldras. Derruído polas obras de desecación


Ponte actual


A Ponte Liñares, derruída a mediados dos sesenta polo " efecto retención " en época de enchentas, era unha ponte romana de traza medieval, alombada, e que formaba parte da antiga vía romana que saíndo da Vía Nova se dirixía pola parte occidental da Lagoa a Xinzo. Estas son só algunhas das pontes que desapareceron como consecuencia dunha política irracional.


A destrucción do noso patrimonio cultural non é un feito aillado nin é froito da ignorancia que se podía presupoñer dos tempos pasados. Os nosos ríos síguense destruíndo e o patrimonio cultural, herdanza dos nosos devanceiros, seguen o mesmo camiño. A ponte do Areal ( ponte medieval situada entre o concello de Moraña e o de Cuntis ), foi catalogada como deste século no " estudio de impacto medioambiental " do Encoro do Umia.

Ríos e regatos que desembocaban no Limia, víronse afectados polo proceso de canalización da Lagoa; o río Fírveda, río Trasmiras, río Garabelos, río Faramontaos, ... e os regatos de O Couso, Sandiás, Bustelo, Busteliño, Babadela, Padreda, Codosedo, Cortegada, Trandeiras, Morgade ... son unha pequena mostra dunha perda xa irrecuperable da que só as fotografías dan a testemuña.


Existen varias lendas entorno á lagoa

  1. Baixo a lagoa, estaba sepultada a antiga cidade de Antioquía. Un mendigo apareceu un día pedindo limosna polas portas do pobo pero ninguén lle deu nada; na última casa do pobo vivía unha vella muller que atendeu e deulle de comer ó mendigo; este pediulle que o acompañara ata a saída do pobo cando se dispuña a seguir o seu camiño. Dende un cumio ás aforas do pobo, pediulle a vella que botara unha ollada cara atrás e esta pudo ver que o pobo quedara asolagado completamente e os seus habitantes foran convertidos en rás. O medigo era Xesucristo

  2. A outra lenda era sobre o río Limia, Décimo Xuño " O Bruto " dispúñase a cruzar o río Limia, coñecido entre os romanos como río Letes ( río do olvido ), cando a sua tropa negouse a facelo porque xiraba entorno o río un dito que dicía que todo o que cruzaba o río, perdía a memoria. Para demostrar o contrario, foi o propio Xuño o primeiro en cruzalo, e dende a outra orilla, foi chamando un a un polo seu nome ós soldados da sua tropa.

Concentración Parcelaria

O goberno galego do Partido Popular que preside don Manuel Fraga Iribarne, a través da Consellería de Agricultura, deseñou un extenso mapa de concentración parcelaria sobre Galicia. Na Limia afectou a un total de 30.000 hectáreas, afectando a un espacio forestal que ocupaba o 63,50% do terreo. A miudo se lle escoita dicir todos ós beneficios que reportan este tipo de aberracións para o noso pais, e tamén non se esquence de nomear " os do non ", " aqueles que sempre se opoñen por sistema a calquera progreso" ( en Vilaboa, " Empacadora Non ", en Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, " Encoro Non "... ). Na Limia tamén se escoitou " concentración Non ", pero as verbas levounas o vento, e a incrible riqueza paisaxística antelá quedou para a lembranza.


A concentración parcelaria que se está a levar a cabo en Galicia,ó igual que se fixera na Limia, faise con tiralíneas, sen ter en conta para nada a paisaxe tradicional galega nin moito menos a súa biodiversidade. Realízanse talas indiscriminadas arrasando con todo o que se interpón diante, sen respetar masas boscosas nin seves de matogueiras. A terra, totalmente descuberta, queda a mercede da erosión física e química polo vento e a chuvia, con importantes perdas de materia orgánica, perdendo así a súa fertilidade, sendo este un factor añadido no abandono do campo.
As seves de matogueiras, que forman parte da paisaxe tradicional galega, son imprescindibles polo equilibrio ecolóxico que aporta ó campo:
Disminúen a velocidade do vento entre un 30 e un 50%
Disminúen a evaporación
Elevan a temperatura do aire
Favorecen a infiltración das augas mellorando a alimentación das capas freáticas e disminuíndo os efectos das crecidas e inundacións.
Permiten manter unha poboación de insectos, paxaros e pequenos mamíferos, capaces de manter as pragas en baixos niveis alcanzando o equilibio biolóxico.
Os primeiros síntomas de desertización no Norte da Península, descúbrense en Galicia, concretamente na zona da Limia, como causa de todo o exposto anteriormente. Estanse a modificar totalmente as características dunha paisxe, e coa perda deste entorno, estase tamén perdendo un modo de vida, unha cultura dende sempre arraigada á terra e á auga. Sen terra e sen auga pérdese a identidade dun pobo que, sen ter nada que ofrecer os seus fillos, están condeao a desaparecer. O progreso que tanto maginfica o goberno, queda reflexado nas estadísticas de poboación desta comarca

Pero algo temos que agradecer ós nosos políticos: o coidado pola fauna da Lagoa, e especialmente pola nosa ave máis emblemática.

Como ben cita Xosé Luis Martínez Carneiro no seu libro "Antela. A memoria asolagada",< A Limia era,nos anos cincuenta, unha comarca chea de matices, de contrastes paisaxísticos,que nacera do aproveitamento racional da terra polos seus habitantes. Cada anaco de terra, cada eido, estaba alí onde debía estar por mor das súas características edáficas ou pola maior ou menor presencia de auga no solo. Era, como outros moitos lugares de Galicia, un bo exemplo do uso racional, ecolóxico, do territorio >.



0 comentarios:

Publicar un comentario